GDR Ulla Tambre Mandeo
O GDR Ulla Tambre Mandeo foi seleccionado como entidade colaboradora da Xunta de Galicia na xestión da medida Leader para o período 2023-2027 nos concellos de Arzua, Boimorto, Touro, O Pino, Vilasantar, Melide, Toques, Santiso e Sobrado dos Monxes.
Orzamento
O orzamento total Leader para o período 2023-2027 do GDR Ulla Tambre Mandeo ascende a 2.509.603,49 euros. O financiamento é fundamentalmente de Europa:
Aportación
Fondos
Porcentaxe
FEADER
2.004.072,90 €
80%
XUNTA
100.203,65 €
4%
ESTADO
400.814,58 €
16%
TOTAL
2.505.091,13 €
100%
gasto público da estratexia
Este orzamento repártese en tres convocatorias de axudas para proxectos produtivos de empresas ou autónomos que queiran facer investimentos para ampliar os seus negocios, ou emprendedores que inicien unha nova actividade. As axudas consisten nunha porcentaxe sobre o total dos investimentos.
Ademais, para pequenos proxectos, o bono activa rural, financia con 18.000 euros aquelas pequenas iniciativas de novos emprendedores e emprendedoras, sen necesidade de xustificar o investimento inicial.
Unha parte do orzamento destínase a subvencionar proxectos non produtivos de concellos e asociacións.
As convocatorias de axuda terán o orzamento recollido no cadro financeiro:
TIPO PROXECTO
Produtivos
NP (EPL) *
NP (asociacións)
TOTAL
2025
180.597,54
58.346,90
38.897,93
277.842,37
2026
180.597,54
58.346,90
38.897,93
277.842,37
TOTAL
361.195,08
116.693,80
77.795,86
555.684,74
%
65,00%
21,00%
100%
* Non produtivos (entidades públicas locais)
Obxectivos
Os proxectos deben ir enfocados a acadar os obxectivos do GDR Ulla Tambre Mandeo, que se recollen na estratexia de desenvolvemento local.
A porcentaxe de axuda que lle corresponde a cada proxecto ven definido por un baremo aprobado pola asamblea xeral do GDR Ulla Tambre Mandeo:
Para acadar os obxectivos do GDR Ulla Tambre Mandeo recollidos na Estratexia de desenvolvemento Local determínanse que actividades se subvencionan e cales non.
O Territorio do GDR Ulla, Tambre, Mandeo
O Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla, Tambre, Mandeo traballa para fomentar o desenvolvemento sostible do territorio, apoiando proxectos que dinamizan a economía local, impulsan o emprendemento e melloran a calidade de vida da veciñanza.
Actuamos nunha área formada por 9 concellos, onde promovemos iniciativas innovadoras en sectores como o turismo, a agroindustria, o patrimonio e os servizos sociais. O noso compromiso é coa xente e co futuro do rural galego.
Proxectos Realizados
Emprendedores Satisfeitos
Concellos Colaboradores
Subvencións Publicadas
Breve animación explicativa da iniciativa europea DLP
Actualidade da nosa comarca
Vilasantar acolle unha xornada informativa sobre a súa comunidade enerxética no marco de Redenerxía
A xuntanza celebrarase o xoves 5 de novembro, ás 20.00 horas, na Cámara Agraria de Présaras, para achegar á veciñanza as posibilidades da enerxía comunitaria. O GDR Ulla Tambre Mandeo convida á veciñanza a participar na xornada informativa sobre a Comunidade...
O GDR Ulla Tambre Mandeo participa en Espazos Efémeros II para impulsar o comercio e o emprendemento rural
A iniciativa de cooperación arrancou en Tui e prevé a creación dun espazo de venda e dinamización no territorio Ulla Tambre Mandeo. O GDR Ulla Tambre Mandeo participa na segunda edición de Espazos Efémeros, un proxecto de cooperación que une os grupos de...
O GDR Ulla Tambre Mandeo aproba dezaoito proxectos que suman máis de tres millóns de euros de investimento no territorio
Financiará dous proxectos a concellos, outros dous a asociacións sen ánimo de lucro e catorce proxectos que nacen da iniciativa privada o que supoñerá un total de máis de 1.092.035,22 € de axuda Leader Desagregado por categorías, os proxectos de iniciativa privada...
O GDR Ulla Tambre Mandeo participa no I Encontro de comunidades enerxéticas de Galicia
O GDR Ulla Tambre Mandeo participou en Moeche no I Encontro de Comunidades Enerxéticas de Galicia, unha iniciativa desenvolvida no marco do proxecto de cooperación Redenerxía, no que traballamos conxuntamente cos GDR Seitura 22, Terra Chá e Terras de Miranda. O...
Xílgaro leva a música de raíz e o talento das novas xeracións ao Festival de la Luz
O alumnado dos cinco centros educativos participantes no proxecto compartiu o escenario de Interritmos cos grupos de música tradicional que o acompañaron durante os últimos meses. [video width="1276" height="720"...
XÍLGARO proxecto de cooperación que achega os coles ó Festival de la Luz
O GDR Deloa como coordinador, xunto coa Fundación Paideia, o GDR Ribeira Sacra e o noso GDR Ulla Tambre Mandeo, estamos a desenvolver o proxecto de cooperación Xílgaro, co obxectivo de fortalecer a...
GDR Ulla, Tambre, Mandeo
Cooperación
Animación
Formación
Recursos
Grupo Desenvolvemento rural
ULLA TAMBRE MANDEO
Os Nosos Proxectos
Historias de éxito, crecemento e tradición. Descubre as iniciativas que transforman a nosa comarca.
LEADER
A túa idea ten futuro. Acompañámoste na procura de subvencións do programa LEADER para facela realidade.
Asóciate
Forma parte do cambio. Únete á nosa rede para impulsar xuntos o futuro da comarca.






