Lagoa de Sobrado (foto cedida por Ecotono) 

Ruta turística ao volante

 

Propoñemos unha ruta turística polos concellos de Boimorto (Comarca de Arzúa), Vilasantar (Comarca de Betanzos), Sobrado, Toques e Melide (Comarca de Terra de Melide), todos eles no interior da provincia de A Coruña, Galicia.

Nesta ruta, a pedra transpórtanos no tempo a través de monumentos megalíticos, xacementos romanos, igrexas románicas, pazos e cruceiros. A auga flúe no nacemento do Tambre e do Mandeo, na lagoa de Sobrado, no río Furelos, afluente do Ulla coa súa impoñente fervenza de As Brañas, e no río Gándaras, afluente do Tambre cunha ruta de sendeirismo homologada e un muíño e un batán rehabilitado e en funcionamento.

Descobre unha paisaxe natural na que contrastan o verde arboredo con prados e plantacións de cereal forraxeiro da zona oeste, coa contorna montañosa, rochosa e de estradas sinuosas do Monte do Bocelo e a Serra do Careón, na parte leste. A Serra do Careón, protexida pola Rede Natura 2000, conta con varias especies protexidas e en perigo de extinción, algunhas delas endémicas da zona.

É unha contorna rural na que destacan a influencia do Camiño de Santiago -Francés, Primitivo e Norte-, a gandería, principalmente dedicada á produción de leite bovina e a industria agroalimentaria, xunto co sector forestal e o potencial comercial e hostaleiro de Melide, co único polígono industrial destes cinco concellos.

O queixo D.O.P. Arzúa-Ulloa e os melindres de Melide son os grandes protagonistas da afamada gastronomía local.
Para comer, comprar ou gozar do lecer nocturno, déixate aconsellar polas persoas do lugar.

 

 

 Tellería de Boimorto. Á dereita lagoa de Sobrado

Distancia total: 79 quilómetros
Duración recomendada para completar a ruta: 2 días.
Ruta circular: é posible iniciala en calquera punto do itinerario.
Tempo estimado de desprazamento: 2 horas en coche. Dende A Coruña, Santiago de Compostela ou Lugo chegarás á ruta en menos de 1 hora.

 

CONCELLO DE VILASANTAR

   

Igrexa Románica de Santa María de Mezonzo

Igrexa Románica de Santa María de Mezonzo e conxunto de muíño e batán de Mezonzo

Comezamos a nosa ruta en Vilasantar, por ser o punto máis próximo á cidade de A Coruña.

A igrexa románica de Santa María de Mezonzo, Monumento Histórico Artístico dende 1931, é unha xoia románica de principios do século XIII. Nun mosteiro anterior que xa non se conserva profesou o párroco San Pedro de Mezonzo, que chegaría a converterse no bispo de Santiago de Compostela no S.X.

 

Moi preto da igrexa están situados o batán de Mezonzo e o muíño para o gran, ambos restaurados. O señor “Pepe do Batán”, veciño de Vilasantar, conserva e transmite a tradición do batán, poñéndoo en funcionamento e explicando a súa historia e mecanismo. Xusto ao carón do batán, á ribeira do río Gándaras, encontrarás a fermosa ruta PR-G 195 para facer a pé ou en bicicleta e baixando dende o muíño poderás gozar das vistas da caída de auga.


 

 
   
Batán de Mezonzo (Vilasantar)

 

Despois da andaina, diríxete a Melide pasando por Boimorto para repoñer forzas nalgún dos seus bares e establecementos hostaleiros. Boimorto converteuse nun referente musical nos últimos anos gracias ao Festival da Luz, que se celebra a segunda fin de semana de setembro na contorna da casa onde naceu a cantante e compositora Luz Casal. Durante o festival danse cita artistas nacionais e internacionais con fins solidarios e exáltanse a vida rural e a paisaxe natural.

O Camiño Norte a Santiago pasa polo centro de Boimorto e favoreceu nos últimos anos un aumento da oferta de aloxamentos con negocios de nova creación, moi recomendables para pasar a noite.

Nos meses de verán poderás relaxarte na piscina municipal ou no río Tambre, que nace en Sobrado dos Monxes e continúa por Boimorto e Vilasantar.

 

CONCELLO DE BOIMORTO

  

 

Festival da Luz (Boimorto)

Fóra desta ruta, ao carón da Casa do Concello, o miliario romano encontrado nos anos 80 recórdanos a sinalización romana das distancias da antiga rede viaria de comunicacións. Dende alí podes desprazarte ata a Igrexa Románica de Sendelle, do século XII, para admirar a súa ábsida semicircular e as pinturas murais do século XVI, que fan referencia a escenas litúrxicas.

 Miliario romano. Murais do século XVI. Igrexa de Sendelle (Boimorto)

 

CONCELLO DE MELIDE

 

Praza do Convento (Melide)

Melide é o concello máis poboado desta ruta, con algo máis de 7.000 habitantes. É aquí onde se deteñen os peregrinos do Camiño Francés para degustar o polbo e a repostería tradicional de Melide (melindres, ricos e amendoados), facer compras, sobre todo no seu mercado dominical, e tamén para gozar do ambiente nocturno as fins de semana.

O centro do pobo é puro arte en pedra e o conxunto arquitectónico da Praza do Convento é o seu maior expoñente, co convento de Sancti Spiritus e a Obra Pía de Santo Antón, pazo barroco do século XVII con capela e actual sede do Concello. Ao carón, o antigo hospital de peregrinos do século XVI, hoxe Museo Etnográfico Terra de Melide, completa unha visita para dedicar unha mañá a descubrir a riqueza patrimonial desta vila que xurdiu da man da peregrinación a Compostela.

O cruceiro de San Roque, ao carón da capela do mesmo nome, é, segundo escribe Castelao en “As cruces de Pedra na Galiza”, o máis antigo de Galicia.

Cruceiro (Melide). Á dereita Igrexa de Santa María de Melide
Outros lugares de interese en Melide fóra desta ruta

Nas inmediacións do pobo, a área recreativa do río Furelos dispón de piscina e conserva a súa fermosa ponte medieval, recibindo dende fai séculos aos peregrinos á súa entrada en Melide.

Achégate tamén en coche á Igrexa de Santa María de Melide, Monumento Nacional no Camiño Francés e gran xoia arquitectónica de estilo románico da comarca.

 
 

CONCELLO DE TOQUES

fervenza das brañas

Fervenza das Brañas

Toques é un pequeno concello duns 1.000 habitantes, protexido entre os vales da Serra do Careón e o Monte do Bocelo, moi rico en paisaxe, biodiversidade e patrimonio. O 40 por cento do seu territorio está baixo o amparo da figura de protección ambiental Rede Natura 2000, debido á gran cantidade de especies de flora e fauna protexidas ou en perigo de extinción, algunhas delas endémicas da zona, como a Santolina Melidensis, que crece na Serra do Careón.

Dende o pobo de Melide, continúa en coche ata a Fervenza das Brañas en Toques, un impoñente salto de auga do río Furelos, afluente do Ulla, onde un antigo muíño contempla o espectáculo.

Se dispós de tempo, escolle algunha das tres rutas homologadas de sendeirismo do Concello de Toques ou a que hai no Concello de Sobrado para descubrir os principais espazos naturais e patrimoniais desta zona:

  • PR-G-166 Ruta das Fervenzas, a mellor opción para chegar á espectacular Fervenza das Brañas.
  • PR-G-167 Ruta da Ermida, con fermosas vistas dende a ermida de San Cidre que lle da nome.
  • PR-G-168 Ruta dos Megálitos, que inclúe o dolmen de Forno dos Mouros.
  • PR-G-235 Roteiro Pena Moura. Esta ruta enlaza coa anterior (Ruta dos Megálitos) e discorre polos principais puntos de interese de Sobrado dos Monxes.

 

Mosteiro de San Antolín de Toques. Á dereita Dolmen Forno dos Mouros, Toques


Mosteiro de San Antolín

A segunda parada imprescindible do concello de Toques é o Mosteiro de San Antolín, do que se conserva a súa igrexa, na que converxen dous estilos prerrománicos: o hispano-visigodo e o lombardo. Unha obra arquitectónica singular entre os demais monumentos relixiosos da zona e de Galicia.

Dolmen Forno dos Mouros

O Dolmen Forno dos Mouros ou dolmen de Muruxosa, é un dos monumentos megalíticos máis importantes e mellor conservados de Galicia. Situado entre Toques e Sobrado, na Serra do Bocelo, data do terceiro milenio antes de Cristo e conserva o seu corredor de entrada. Para visitalo o mellor é ir a pé, na Ruta dos Megálitos de Toques (PR-G 168), ou no Roteiro de Pena Moura de Sobrado (PR-G 235). Ambas únense neste punto.

 

CONCELLO DE SOBRADO

Mosteiro de Santa María

Cruzando o Monte do Bocelo dende o dolmen por unha intrincada estrada, chegarás a Sobrado dos Monxes, onde te recibirá a impresionante fachada barroca do seu mosteiro, obra de Pedro de Monteagudo.

Fundado no ano 952 polo Conde de Présaras, Hermenegildo, despois de épocas de esplendor gracias ao traballo de sucesivas ordes monacais e outras épocas de abandono, hoxe en día o mosteiro combina a vida espiritual dos monxes cistercienses coa vida civil das persoas que se aloxan na súa hospedaría.

Merece a pena unha visita ao interior, onde, ademais da igrexa barroca do século XVII, consérvanse tres claustros construídos entre os séculos XVI e XVIII, así como a sala capitular de estilo románico.


 
   
Mosteiro de Sobrado dos Monxes

 

Lagoa de Sobrado dos Monxes. Reserva da Biosfera

En Sobrado, terra de pedra e auga, nacen os ríos Mandeo e Tambre. Os monxes aproveitaron esta riqueza canalizando as augas de varios regatos no século XVI formando unha lagoa artificial que hoxe parece totalmente natural.

A súa diversidade de flora e fauna convértena no punto neurálxico da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo e un dos mellores lugares para o avistamento de aves. O seu bosque de caducifolias, os nenúfares e espigas de auga e as aves, ánades que crían na lagoa, xunto coas outras especies que habitan alí ou están de paso, convértena nun verdadeiro paraíso natural.

Unha vez finalizada a visita á lagoa, diríxete a Vilasantar, punto de partida e tamén de finalización da Ruta de Pedra e Auga.

 

 

lagoa de sobrado

Outros lugares de interese en Sobrado

Outra visita cultural interesante é o campamento romano de A Ciadella, o máis extenso dos encontrados na península, con aproximadamente dúas hectáreas e a estrutura típica dun campamento para unha cohorte equitata, é dicir, con cabalería. Gracias ás escavacións realizadas distínguese o principia (edificio administrativo relixioso), o praetorim (vivenda do alto mando) e as horreas (almacéns para o gran).

Ademais, tamén podes aproveitar a túa visita a Sobrado para coñecer a obra pictórica de Bea Rey, catalogada no seu museo, que leva o seu nome, no lugar de Lago, a escasos quilómetros da capital municipal, onde se localiza a súa casa familiar. A súa obra abarca diversos estilos pictóricos, dende a abstracción e a xeometría, na primeira metade dos setenta, ao surrealismo, o expresionismo e o neocubismo nos inicios do século XXI, a súa etapa final

 

Campamento Romano de A Ciadella (Sobrado). Á dereita Museo Bea Rey

 

COORDENADAS XEOGRÁFICAS

Igrexa Románica de Santa María de Mezonzo e conxunto de muíño e batán de Mezonzo e Vilasantar: 43.060430, -8.133804
Piscina municipal Boimorto: 43.003143, -8.149194
Miliario romano en Boimorto: 43.007954, -8.126966
Igrexa románica de Sendelle (Concello de Boimorto):  42.985094, -8.154349
Obra Pía de Santo Antón-Praza do Convento de Melide: 42.915255, -8.016627
Fervenza das Brañas en Toques:     42.995940, -7.947708
Mosteiro de San Antolín en Toques: 42.978280, -7.983000
Dolmen de Forno dos Mouros en Toques: 43.012028, -7.975518
Mosteiro de Santa María de Sobrado: 43.039051, -8.022587
Lagoa de Sobrado dos Monxes 43.038126, -8.008959

 

QUE VISITAR, QUE VER, QUE FACER


MONUMENTOS RELIXIOSOS: IGREXAS E CRUCEIROS

ARZÚA
Capela da Madalena
Cima do Lugar 1. 15810 Arzúa
Capela de Fontesanta
Lg. Igrexa. Lema. 15819 Arzúa
BOIMORTO
Igrexa de Dormeá
Lg. Igrexa. Dormeá. 15816 Boimorto
Igrexa de Sendelle
Lg. Igrexa. Sendelle. 15817 Boimorto
MELIDE
Cruceiro e capela de San Roque
San Roque. 15800 Melide
Igrexa de Santa María de Melide
Santa María. 15800 Melide
Igrexa de San Martiño de Moldes
Moldes. 15800 Melide
Igrexa de Furelos
San Xoán de Furelos. 15809 Melide
SANTISO
Igrexa de Santo Estevo de Pezobrés
Pezobrés. 15808 Santiso
Ermida de San Xurxo e  Bebedoiro dos arrieiros
San Xurxo. 15808 Santiso
Cruceiro da Xesteira de Novela
A Xesteira. Novela. 15808 Santiso
Cruceiro de Visantoña
Visantoña. 15808 Santiso
SOBRADO
Mosteiro cistercense de Santa María de Sobrado
15813 Sobrado dos Monxes
Tlf. +34 981 787 509
O PINO
Igrexa e cruceiro de San Xulián de Lardeiros
Lardeiros. 15821 O Pino
TOURO
Cruceiro de Loxo, Campanario e Sobreiral
Loxo. 15822 Touro

TOQUES
Igrexa San Antolín de Toques
Santa María da Capela. 15806 Toques
VILASANTAR
Igrexa de Santa María de Mezonzo
O Priorato s/n. Mezonzo. 15807 Vilasantar

MONUMENTOS PREHISTÓRICOS

TOQUES
Dolmen de Forno dos Mouros
Paradela. 15806 Toques
43.012095, -7.975893
Castro de A Graña
15808 Toques
42.972610, -7.970646

ARQUITECTURA CIVIL E CONXUNTOS ETNOGRÁFICOS

ARZÚA
Pazo Sedor
A Castañeda. Sedor. 15819 Arzúa
42.933272, -8.100103
Pazo de Santa María
O Pazo. Santa María de Arzúa. 15810 Arzúa
42.939689, -8.158395  
SANTISO
Embalse de Portodemouros e Ferri
(Comunica Santiso con Vila de Cruces. Servizo Gratuíto)
Beigondo. Santiso
42.849079, -8.151457
Pazo de Vilar de Ferreiros
(Visitas reserva previa)
Vilar de Ferreiros 1. Visantoña. 15808 Santiso
Tlf. +34 981 510 742
42.867652, -8.089568
MELIDE
Obra Pía de San Antón – Praza do Convento
Praza do Convento. 15800 Melide
42.915282, -8.016463
Aldea de O Leboreiro e Ponte sobre o Río Seco
Leboreiro. 15800 Melide
42.889460, -7.970289
Aldea de Furelos e Ponte de San Xoán de Furelos
Furelos. 15800 Melide
42.908523, -7.997849
O PINO
Ponte Romana de Ponte Puñide
Ponte Puñide. 15821 O Pino
42.948459, -8.335257
Muíño de Pena
Ponte Puñide 24. O Pino
42.905034, -8.346039
SOBRADO
Campamento Romano A Ciadella
A Ciadella. 15815 Sobrado
43.089528, -8.029885

TOURO
Muíños de Carballa
(Reserva previa no Concello)
Tlf. +34 981 504 029  /  +34 981 814 566
42.858178, -8.279671
Ouriceras
Ruta do Río Ulla – PR- G 93
VILASANTAR
Muíño do Batán de Mezonzo
(Preguntar na casa do lado para poder visitalo)
Lg. O Batán. Mezonzo. 15807 Vilasantar
43.057946, -8.143435


PATRIMONIO NATURAL, ÁREAS RECREATIVAS E PRAIAS FLUVIAIS

ARZÚA
Área recreativa e praia fluvial de Ribadiso
Ribadiso. Rendal. 15810 Arzúa
42.926216, -8.132480
Fervenza de As Hortas (PR-G 169)
As Hortas. Dombodán. 15810 Arzúa
42.848725, -8.216204
Carballeira de A Mota
Santo Estevo do Campo. 15810 Arzúa
42.985439, -8.206003
MELIDE
Área recreativa e praia fluvial do Río Furelos
15800. Melide
42.912142, -7.991363
O PINO
Área recreativa da Magdalena
15821 O Pino
42.933787, -8.413287
SANTISO
Área recreativa A Cornella “O Liño”
Ponte Arcediago. 15808 Santiso
42.840135, -8.032889
SOBRADO
Carballeira Casa do Gado
Reserva da Biosfera
15813 Sobrado
43.046390, -8.020322
Lagoa de Sobrado
Reserva da Biosfera
15813 Sobrado
43.036735, -8.009649
TOQUES
Fervenza de As Brañas (PR-G 166)
15806 Toques
42.995816, -7.947967
TOURO
Área natural Pozo do Pego (PR-G 93)
Remisquede. 15822 Touro
42.869790, -8.302351
Área recreativa A Santaia
Santaia. 15822 Touro
42.866213, -8.286716
Fervenza Salto das Pombas (PR-G 121)
Cornado. 15822 Touro
42.849800, -8.278618
Fervenza de O Inferniño (PR-G 93)
Novefontes. 15822 Touro
42.831861, -8.294272

MUSEOS E ACTIVIDADES

ARZÚA
Centro de divulgación do queixo e da mel
Feira Nova, s/n. 15819 Arzúa
Tlf. +34 981 508 142
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
www.queixoemel.org
42.933218, -8.159977
Museo etnográfico A Painza
(Previa reserva)
Viladavil. 15819 Arzúa
Tlf. +34 669 132 119
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
42.957681, -8.157012
Museo vivente da mel “O enredo do abelleiro”
(Previa reserva)
Rúa Portodemouros. 15810 Arzúa
Tlf. +34 981 508 072
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
www.abelleiro.com
42.856612, -8.195924
MELIDE
Museo etnográfico Terra de Melide
Mateo Segade Bugueiro. 15800 Melide
Tlf. +34 981 507 998
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
www.mtmelide.es
42.915399, -8.016462
SOBRADO
Museo Bea Rey
Lugar Lago, 3.
15815. Sobrado
Tlf. +34 981 787 810
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
www.museobearey.es
43.055571, -7.995626

Casa do queixo / Zoo Escola
(Previa reserva)
Casal de Abaixo, 2. Grixalba
15815 Sobrado
Tlf. +34 650 955 265 / +34 981 195 729
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
www.casadoqueixo.com
43.086809, -7.972753
TOURO
Centro de Interpretación do Río Ulla
Rúa Castelao, 52. Fonte Díaz, s/n.
15822 Touro
Tlf. +34 981 504 029
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
42.870687, -8.312556

MIRADOIROS

O PINO
Miradoiro O Picón
Punto xeodésico
15821 O Pino
42.895217, -8.333715
TOURO
Coto de San Sebastián
Loxo. 15822 Touro
42.862901, -8.351758

RUTAS DE SENDEIRISMO

ARZÚA

PR-G 169 Ruta da Fervenza de As Hortas
Distancia: 19,85 km
Dificultade: baixa
SANTISO
PR-G 125 Sendeiro de Visantoña
Distancia: 14,48 km
Dificultade: baixa
PR-G 226 Sendeiro de A Beseña
Distancia: 38 km
Dificultade: media
SOBRADO
PR-G Ruta Pena Moura
Distancia: 11,35 km
Dificultade: media
TOURO
PR-G 93 Ruta da Ribeira do Ulla
Distancia: 15 km
Dificultade: media – baixa
PR-G 121 Ruta dos tres ríos
Distancia: 8,5 km
Dificultade: baixa
PR-G 233 Ruta de A Fervenza de As Hortas ao Río Laña
Distancia: 12,32 km
Dificultade: media
VILASANTAR
PR-G 195 Ruta de Os muíños do Río das Gándaras
Distancia: 5,45 km
Dificultade: baixa
TOQUES
PR-G 166 Ruta das Fervenzas de Toques
Distancia: 11 km
Dificultade: baixa
PR-G 167 Ruta da Ermida de Toques
Distancia: 9 km
Dificultade: media – baixa
PR-G 168 Ruta dos Megálitos de Toques
Distancia: 12 km
Dificultade: media

RUTAS CICLORUTISTAS

Ruta Eurovelo 3 cicloturista

FESTAS, FEIRAS E MERCADOS

ARZÚA
Feira de Arzúa
Día 8 e 22 de cada mes
Festa do Queixo Arzúa-Ulloa
Festa de Interese Turístico de Galicia
Primeiro fin de semana de marzo
MELIDE
Mercado dominical de Melide
Todos os domingos
TOURO
Feira de Touro
Día 5 de cada mes (5 de novembro Feira da Castaña)
BOIMORTO
Festival da Luz
Concerto Solidario en setembro
SOBRADO
Feira de Sobrado
Feira municipal os días 27 de cada mes