Visitar o Ulla Tambre Mandeo é realizar un percorrido pola Historia. Achégate a descubrir as valiosas pegadas dos nosos antergos, desde a orixe ata a actualidade. Aquí deixamos unha selección dos sete elementos arquitectónicos máis representativos do noso territorio, seguindo unha liña temporal dende o terceiro milenio antes de Cristo, ata elementos máis actuáis da nosa historia recente.
Dolmen Forno dos Mouros (Toques)
En plena Rede Natura 2000 de Toques, na Serra do Bocelo, está esta estrutura megalítica con fins funerarios de tipo colectivo. É un das mellores mostras en Galicia. Para chegar andando, pódese seguir a PR-G168 Rota dos Megalitos de Toques, de 12 quilómetros de beleza natural.
Paradela. 15806 Toques
43.01188 / -7.97613
Castro da Graña (Toques)
Alí viviron os nosos ancestros castrexos durante a Idade de Ferro. Os restos arqueolóxicos atopados están na exposición do Museo Terra de Melide en Melide. Ambas visitas obligatorias por interesantes
15808 Toques
42.9718877 / -7.9730926
Campamento Ciadella (Sobrado dos Monxes)
Asentamento militar romano que tiña como función a vixiancia da vía XX, daba cobijo a unha cohorte, de unos 500 miembros. A parte escavada ten unha cuberta que facilita os traballos arqueolóxicos. Aínda falta unha boa parte por descubrir. A función principal deste campamento era o de control das comunicacións entre Brigantium (A Coruña) e Lucus Augusti (Lugo). O Campamento estaba comunicado gracias a unha vía transversal secundaria coas vías XIX e XX do Itinerario de Antonino.
A Oficina de Turismo, sitúada na rúa Santiago do Campo nº 1 presta un servizo de información aos visitantes de luns a venres, en horario de 16:30 a 20:00h.
Teléfono de contacto: 981787577 / 981787508
A Ciadella. 15812 Sobrado
San Antolín de Toques
Do antigo mosteiro consérvase a igrexa, encravada nun entorno de enorme beleza natural. É un dos referentes do prerrománico galego. A visita merece a pena, tanto pola valía da construcción prerrománica, como polas
pinturas muráis renacentistas que se conservan no seu interior, e un calvario tallado en madeira que probablemente data do século XIII.
Santa María da Capela. 15806 Toques
42.97823 / -7.98314
Santa María de Mezonzo (Vilasantar)
Espectacular mosteiro, exemplar do románico galego, do que soamente se conserva a igrexa de finais do século XII. Neste mosteiro profesou no ano 959, San Pedro de Mezonzo, posteriormente Bispo de Iria Flavia e Compostela. San Pedro compuxo a aínda actual Salve Regina, para pedir axuda á Virxe María ante o ataque de Almanzor, que atacou a catedral de Santiago e levou as campás a Córdoba. Din tamén que San Pedro de Mezonzo librou as requilias do Santo Apóstolo da profanación, orando so ante o seu sepulcro, con tal valentía que se respetou, por orde do caudillo musulmán.
Oficina de Información Turística:
Casa Consistorial, Rú,s/n.-15807-
Tfno: 981 77 81 69
Fax: 981 77 81 66
O Priorato, 5
15807 Vilasantar, La Coruña
43.060419, -8.134266
Mosteiro de Sobrado dos Monxes
Do que se conserva tanto a igrexa como as dependencias monacais, é un referente galego do barroco, do que destaca a imponente fachada da igrexa, obra de Pedro de Monteagudo. O mosteiro destaca pola súa beleza e tamén por combinar, aínda hoxe, a actividade relixiosa dos monxes Cistercienses coa actividade civil de albergue e a económica de vaquería. A cociña, os claustros e a sala capitular son tamén moi interesantes. Os monxes teñen un percorrido guiado polo mosteiro.
Mosteiro de Santa María de Sobrado
15813 Sobrado dos Monxes, Aa Coruña. Teléfono: +34 981 787 509
43.038690, -8.022108
Obra Pía de Santo Antón - Praza do Convento (Melide)
O encanto da vila de Melide ten o seu máximo expoñente na praza do convento, onde se unen nun conxunto estético, a igrexa que se conserva do convento Sacti Spiritus, o pazo que hoxe alberga o concello, o antigo hospital de peregrinos onde agora está o museo e a capela Obra Pía de Santo Antón, que comparte parede co concello. Todos eles edificios destacables que gañan aínda máis como conxunto.
15800, Melide
42.915410, -8.016532