Nos próximos días tes a ocasión de debatir como axente do noso territorio, e contribuír coa túa opinión ó rural que queres 2030!

Apúntate a unha dos próximos eventos que organiza o GDR escribíndonos un correo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou cubre a nosa enquisa (preme aquí).

As nosas próximas citas son do sector ambiental en Vilasantar, do sector turístico en Touro e a mesa da muller en Melide. A continuación tes toda a información:

O GDR leva xa varios meses traballando no desenvolvemento dunha estratexia participativa para o rural, mediante mesas de traballo, entrevistas individuais e enquisas. 

Compartimos con vos algunhas imaxes do proceso participativo e recordámosvos que temos aberta a enquisa para que todas as persoas do noso rural poidan opinar:

Para cubrila preme aquí

Abre hoxe o prazo para que establecementos de aloxamento e hostalaría soliciciten unha fotografía da exposición Camiños de Auga, que o GDR cederá gratuítamente durante un ano.

A exposición Camiños de Auga, de fotográfos destacados da nosa contorna, leva máis dun ano rotando por distintas localizacións do territorio. Nun formato de gran tamaño (2x1 metro), as 30 imaxes que compoñen esta exposición rotaron xa por 18 localizacións diferentes. !Queremos aproveitar estas imaxes para dar a coñecer a beleza do noso entorno, e por iso queremos darlles unha nova vida, é por iso que e a partir de agora seguirán dispoñibles para o público pero de forma diferente. Cada establecemento do territorio pode solicitar unha fotografía para colocar no seu negocio.

O procedemento é como se explica a continuación:

1ºCalquera persoa propietaria dun establecemento aberto ó público dedicado ó sector turístico pode facer a solicitude dunha destas imaxes escribindo un correo electrónicio a leader@gdrullatambremandeo.gal, antes do xoves 20 de outubro ás 14:00 horas.

2º O GDR aceptará a súa solicitude. En caso de haber máis solicitudes que fotografías farase mediante sorteo.

3º A fotografía débese recoller na oficina do GDR, situada no Concello do Pino, entre o venres 21 e o venres 28 de outubro de 2022 (ambos incluídos) onde asinarán unha folla na que se acredite a recollida e se comprometa a manter a foto exposta ó público durante un ano. Pasado este tempo, debe devolver a fotografía ó GDR.

4ºAntes do 1 de novembro de 2022 debe enviar un correo electrónico cunha fotografía acreditativa de que a foto está xa colocada e exposta ó publico no lugar elixido para elo.

As imaxes serán entregadas para colocar en interior, sen os pés de madeira que as suxeitaron dutante as exposicións exteriores que se fixeron ata o de agora.

Hai fotografías de Camiños de Auga no facebook do GDR.

 

 

 

O Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo é unha asociación sen ánimo de lucro que busca o desenvolvemento rural sostible nas comarcas de Arzúa e Melide e no concello de Vilasantar, principalmente, a través da xestión da medida Leader.

Na súa Asemblea Xeral reúnense preto de 80 entidades do tecido social do territorio, tanto de carácter público, representadas principalmente polos nove Concellos que forman parte da mesma, como de carácter privado, representadas por asociacións de distinta índole e ámbito de actividade: asociacións de empresariado e comercio, SATs, cooperativas, asociacións deportivas, culturais, de mulleres, de mocidade, ambientais, de acción social, veciñais, etc.

O GDR conta co principio de “portas abertas”, é dicir, calquera das entidades antes mencionadas, con máis dun ano de actividade, pode solicitar a entrada na Asemblea Xeral e, unha vez formalizada, ser membro asociado para:

  • Participar nas actividades do GDR (reunións, debates, procesos participativos, etc)
  • Coñecer de preto o traballo da asociación
  • Propoñer ideas e iniciativas
  • Participar no proceso de toma de decisións

Se participas ou pertences a algunha asociación, SAT ou cooperativa do territorio contacta e infórmate na oficina técnica sobre o proceso de adhesión ó GDR, o desenvolvemento do rural depende de ti, PARTICIPA!

 

 

Podes contactar co GDR a través de calquera destes medios:

 

Teléfono: 981 511 377

Correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Enderezo: Avda. de Lugo, 41 Arca 15821 O Pino