O GDR Ulla Tambre Mandeo abríu o prazo de inscrición para os curso de Produción de camelia para té e Produción de nogueira. Os cursos, ambos do ámbito forestal, teñen como obxectivo que o alumnado asistente coñeza e se forme na plantación e cultivo de ambas producións, de xeito que se favoreza a posta en marcha de novos usos do monte e se diversifiquen as producións a aproveitamentos que se fan do mesmo.

Ambos cursos teñen carácter teórico-práctico e dentro do contido formativo inclúese formación no coñecemento, cultivo, fitopatoloxía e coidado de ambas producións; do mesmo xeito, tamén se inclúe unha parte destina a coñecer o proceso de elaboración dos distintos tipos de té, no caso da camelia, e a selección e conservación da noz, no caso da nogueira.

Os cursos, gratuítos, impartiranse no concello de O Pino durante o mes de setembro, co seguinte calendario:

 

  • Curso de produción de camelia para té

o    Venres, 13 de setembro. 16.00h – 20.00h.

o    Sábado, 14 de setembro. 10.00h – 14.00h.

o    Venres, 20 de setembro. 16.00h – 20.00h.

o    Sábado, 21 de setembro. 10.00h – 14.00h.

  • Curso de produción de nogueira

o    Venres, 27 de setembro. 16.00h – 20.00h.

o    Sábado, 28 de setembro. 10.00h – 14.00h.

 

As prazas son limitadas. Para inscribirse, hai que enviar un correo ó GDR (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.), ou ben, contactar vía telefónica (981 511 377).