Esta asociación e a súa predecesora, a Asociación Portodemouros, xestionaron con éxito anteriores programas europeos de desenvolvemento rural. De feito, Portodemouros foi un dos catro territorios europeos nos que se aplicou o Leader como proxecto piloto xa no ano 1991. Hoxe en día hai máis de 2.200 grupos de desenvolvemento rural espallados por Europa, 24 deles en Galicia, en colaboración coa Consellería de Medio Rural. O Leader ten asignado un 5% do orzamento do Plan de Desenvolvemento Rural de Galicia.
Solicita información na nosa oficina, para acceder ás axudas da medida Leader